O GROVE LISTA DE DEMOCRATAS EXILIADOS - RAMÓN GARRIDO VIDAL

O GROVE : lista de democratas exiliados

AGUIÑO VIDAL, Juan

(O Grove, Pontevedra, 1900 - O Grove, 1968) Fillo dun mariñeiro do Grove, herdou do seu pai a profesión, traballando desde 1916 enrolado nun barco pesqueiro. En 1925 xa é patrón da súa propia embarcación, e entre 1935 e 1936 comprará o barco “Nuevo Emden”, co que partirá ó exilio o 16 de agosto de 1937, xunto a 17 compañeiros. Fuxen á Bretaña francesa, recalando no porto de Concarneau. Segundo atracan o goberno galo expulsa a parte da tripulación, que recala en Barcelona; non é o caso de Juan Aguiño, que ante a imposibilidade de voltar, decide marchar a Arxentina, fracasando neste intento, igual que no de fuxir cara a Venezuela, debido ó estalido da Segunda Guerra Mundial. Mentres durou a contenda adícase ó contrabando de peixe, agardando o mellor momento para fuxir. Será en 1948 aproveitando as vantaxes que ofrece o goberno de Guatemala. Chega ó país centroamericano en xaneiro de 1949, onde permanecerá ata 1950 que marcha para Cuba. Coa chegada ó poder de Fidel Castro a súa situación económica empeora. En 1962 regresa por primeira vez a España e tras unha breve estadía volta ó Caribe, e de alí a Estados Unidos. Regresa definitivamente a Galicia en 1966, morrendo dous anos despois na súa vila natal.

ARAÚJO VILA, Ramón
(O Grove, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de concentracion de Barcarès en Francia.

BRAVO COSTA, José
(O Grove, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de concentracion de Vernet en Francia.

CARLÉS, Eloy
(Pontecesures, ? - O Grove, ?) Estivo afiliado a Izquierda Republicana. Mecánico e propietario de dous lanchóns para o carrexo de area. Estivo preso no 1936, e ó saír do cárcere fuxiu a América, voltando no 1943. Residiu no Grove ata a súa morte.

CONDE BRAVO, Manuel
(O Grove, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de concentracion Vernet en Francia.

FERNÁNDEZ CURMADA, Manuel
( O Grove, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de concentracion de Barcarès en Francia.

GALIÑAS FERNÁNDEZ, José
(O Grove, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de concentracion de Barcarès en Francia.

GARRIDO VIDAL, Ramón
(O Grove, 1915 - Les Lilas, 1995) En 1933, enrolouse no exército da República, no corpo de artillería pasando despois á Capitanía Xeral da Mariña. En octubre de 1937, evadido del ejercito franquista en el frente de Jaulin (Aragón). Luego ingresa en la 151ª Brigada Mixta de la Republica. Batalla de Teruel (Frente de Sierra Palomera) Delegado de compañía. Defensa de las costas catalanes entre Castellón de Ampurias y Llansa. Comisario de compañía (capitan) en la Batalla del Ebro (zona de Tortosa). En febrero de 1939, retirada y campo de concentración de Argeles. En junio de 1939, campo de Barcarès. En enero de 1940, miembro de la 211a Compañía de trabajadores (CTE) en St Médard en Jalles . En junio de 1940 : campo de Argelès. En enero de 1941 : campo de Elne. En julio de 1941 : campo de St Pierre en Brest.
En enero de 1942 : evadido del campo de Brest y responsable de la organización clandestina española de Lorient. En julio de 1942, cambio de identidad : Leon Carrero Mestre. Responsable clandestino de los departamentos de Finistère, Côtes du Nord, Morbihan, Sarthe y Loire Inférieure.
El 30 de noviembre de 1942, detención en Paris. En diciembre de 1942 : cárcel de la Santé (n°2-83 y n°13-50). En diciembre de 1943 : cárcel de Eysses (n° 2 753). En junio de 1944 : deportado por los SS (Division SS Das Reich) en el campo de concentración nazi de Dachau (n°73.229). En julio de 1944 : kommando de Landsberg-Kaufering.En abril de 1945 : kommando de Allach. El 30 de abril 1945 : liberación.
Capitan de los Francos Tiradores y Partisanos Franceses (FTPF).

MEIS VILA, Arturo
(? -?) Sobriño de Antonio Vila, propietario xunto con Juan Aguiño do barco Nuevo Emdem. Cando foxe no barco ten só 16 anos.

OTERO CACABELOS, Antonio
(? - ?, 20/09/1998) Tripulante do "Nuevo Emden" , irmán de Manuel Otero Cacabelos e exiliado en Francia.. Cando as autoridades francesas os obrigan a voltar a España, Antonio decide voltar a Cartaxena. Foi ferido na fronte de Madrid e, tras ser condenado por un tribunal do Ferrol a 12 anos e un día, pasa dous anos na cadea en Pontevedra e Ferrol.

OTERO CACABELOS, Manuel
(? - ?) Patrón do barco "Nuevo Emden", pertencente a Juan Aguiño e Antonio Vila. Exíliase en Francia despois de fuxir no "Nuevo Emden"o 16 de agosto de 1937. Volta a Barcelona a fins de 1937 xunto con dous dos seus fillos.

OTERO CAÑADA, Joaquín
(O Grove, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de concentracion de Vernet en Francia.

OTERO COSTAS, Manuel
(O Grove, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de concentracion de Barcarès en Francia.

OTERO, ?
(? - ?) Fillo de Manuel Otero Cacabelos e irmán de Manuel Otero. Tamén é tripulante do barco Nuevo Emdem que se exilia en Francia, e logo retorna a Barcelona por orde do goberno francés.

OTERO, José "Paisariño"
(O Grove ? - ?) Era tripulante do Nuevo Emdem. Logo do fuxida co resto dos tripulantes do Nuevo Emden ó remata-la guerra refúxianse en Francia.

OTERO, Manuel
(? - ?) Fillo de Manuel Otero Cacabelos, un dos tripulantes do Nuevo Emdem que foxe a Francia e logo, por orde do goberno fancés, retorna a Barcelona.

PADÍN AGUIÑO, Andrés
(O Grove, Pontevedra, ? En xullo de 1939 atopábase no campo de concentracion Argelès sur Mer en Francia.

PRAL PADÍN, Ramón
(O Grove, Pontevedra, ?) En xullo de 1939 atopábase no campo de concentracion de Barcarès en Francia.

VILA ÁLVAREZ, Marcelino
(O Grove, Pontevedra, ?) É irmán de Antonio Vila. En xullo de 1939 atopábase no campo de concentracion de Argelès sur Mer en Francia.

VILA, Antonio
(? - ?) É propietario do Nuevo Emden xunto con Juan Aguiño. Exiliouse en Francia xunto co grupo de mariñeiros que fuxiu no Nuevo Emden.

No hay comentarios:

Publicar un comentario